Imaxe de China no exterior e diplomacia das máscaras en América Latina: o papel das asociacións chinesas durante a pandemia da COVI-19

Producción científica: Contribución a una revistaArtículo de revista revisión exhaustiva

Resumen

Os países buscan influír na forma en que son percibidos no exterior para acadar una variedade de obxectivos políticos e diplomáticos. Ante unha crise de imaxe de dimensións mundiais derivada da pandemia de Covid-19, o goberno chinés adoptou unha estratexia múltiple que lle permitiu contrarrestar as acusacións e proxectar unha imaxe como membro responsable do sistema internacional. Este documento expón certos patróns na opinión pública sobre China antes e durante a pandemia, así como na “diplomacia de máscaras faciais” en América Latina. Conclúese que as alianzas estratéxicas de carácter político e económico, e a política “Unha China”, son os factores preditivos máis destacados en canto á orixe, cantidade e destino das doazóns. Non obstante, tamén se observa un enfoque descentralizado que vai dirixido a obxectivos como a transmisión de valores e o aumento da lexitimidade externa a nivel local. Especialmente no que se refire á relación entre os actores subnacionais chineses e os actores locais non estatais.
Idioma originalEspañol
Páginas (desde-hasta)79-99
PublicaciónTempo exterior: revista de análise e estudos internacionais
Volumen23
N.º45
EstadoPublicada - dic. 2022

Palabras clave

  • China
  • América Latina
  • Opinión pública
  • Diplomacia
  • Cubrebocas
  • Asociaciones
  • Pandemia de COVID-19, 2020-

Citar esto